miércoles, 2 de noviembre de 2011

QUE HAI EN COUSA BONITA??

O estilo de vida de moda, sen dúbida, é o "usar e tirar". Pero amigos meus, sinto decirvos que non estamos no camiño axeitado, como moitos de vós xa sabedes, co cal, propoño esta iniciativa! Onde os tres R (Reduzo, Reutilizo e Reciclo) se pasean por aquí moi a miúdo, exercendo as súas funcións, polo que:

- RECICLO, daranos información sobre a reciclaxe. "En que contenedor se tira un chicle?" "Que fago coas caixas de pizza? "

- REDUZO, axudaranos a reducir o noso consumo con consellos prácticos. "Enxabona os pratos e logo acláraos". "Pecha a billa cando esteas frotando os dentes". Ademais, colgará de cando en vez, documentos moi interesantes sobre o tema.

- E REUTILIZO, amosaranos o marabilloso mundo da reutilización. Non para de abraiarme este Reutilizo!!! Ademais, poderemos visitar o seu mercadillo, onde atoparemos obxectos de segunda man ou reutilizados a moi bo prezo, e quen sabe? Se cadra atopas a túa media laranxa... : -)

No seu mercadillo, a cousa funciona así:
- Paseas pola páxina e miras algo que te convenza.
- Pos: "Me lo llevo" ou " Pa´la saca!" nun comentario a pé de foto.
- Resérvoo e xa miramos a forma de entrega.

Así de sinxelo!

En fin, que a pretensión, deste blog, é a de concienciar á xente para que mude os seus hábitos de consumo irresponsables. Que o "usar e tirar" non é a solución, que aínda que te miren raro cando levas un carro ó súper para non gastar bolsas de plástico, os raros son os que te miran, porque prefiren seguir tirando do petróleo co que se fan as bolsas, aínda sabendo que se está a rematar. Co cal, esta é unha loita contra unha sociedade asentada no consumismo e que semella non lle importar moito o ambiente, pero coa vosa axuda, co boca a boca e coa difusión de información podemos chegar moi lonxe!

Agardo que vos guste! E moitas grazas de antemán.

Martiña

lunes, 24 de octubre de 2011

BENVIDOS A TODOS!!


COMEZA A AVENTURA!!
Reduzo, Reutilizo e Reciclo están ultimando uns detalles para a apertura do blog. Desculpen as molestias.